Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41041

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2023 pola que se inscribe a asociación Amigos Peregrinos del Camino de Santiago-Peregrinos Dezae no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A asociación Amigos Peregrinos del Camino de Santiago-Peregrinos Dezae presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 9 de marzo de 2023.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño, DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

– Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

– Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que para a súa inscrición no rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 29 de maio de 2023 sobre a solicitude, no cal se constata que a asociación Amigos Peregrinos del Camino de Santiago-Peregrinos Dezae persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a asociación Amigos Peregrinos del Camino de Santiago-Peregrinos Dezae sexa inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 232.

Réxime de recursos.

A presente resolución pon fin á vía administrativa. Contra ela poderase interpoñer potestivamente un recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén pode ser impugnada directamente cun recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a recepción desta notificación, ante esa orde xurisdicional.

En ningún caso se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición, de presentarse, sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta, de acordo co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
María Carmen Martínez Insua
Directora xeral de Patrimonio Cultural