Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41039

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 21 de xuño de 2023 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Lira de San Miguel de Oia no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A representación da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia solicita a inscrición da Escola de Música Lira de San Miguel de Oia, no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993 que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Inscrición no rexistro de escolas de música

Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:

Denominación: Escola de Música Lira de San Miguel de Oia.

Código do centro: 36025207.

Domicilio: Camiño de Currás, 34.

Localidade: San Miguel de Oia.

Concello: Vigo.

Código postal: 36390.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia.

Artigo 2. Réxime xurídico

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, e aos servizos de inspección correspondentes.

Artigo 3. Revisión da autorización

O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teñan que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades