Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de xuño de 2023, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-02144-O-2022 e un máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-02144-O-2022 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, realizarase o seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Pontevedra, 16 de xuño de 2023

Joaquín San Martín Zamácola
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
imposta

PO-02144-O-2022

0439-JCG

34868351Y

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

17.2.2022; 10.11; AP-9; 137,5

Artigo 199.9 ROTT

Artigo 142.8 LOTT

Artigo 201.b) ROTT

Artigo 143.1 LOTT

201 euros

PO-02772-S-2022

1887-DXF

36030164C

A utilización de follas durante un período maior a aquel para o cal estea previsto, cando non supuxese a perda de datos.

2.3.2022; 9.30; Eduardo Cabello con VG-20

Artigo 142.3 LOTT

Artigo 199.4 ROTT

Artigo 143.1 LOTT

Artigo 201.c) ROTT

301 euros