Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica o requirimento para completar a solicitude de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2023/422-3 e tres máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.

Transcorrido o dito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito, por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 14 de xuño de 2023

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2023/422-3

44446456Z

PR204A 2023/623-3

76732901W

PR204A 2023/666-3

44449566L

PR204A 2023/764-3

44453833P