De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 16 de xuño de 2023
Jesús Montouto González
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: ANI-LU-0033/2023.
NIF: 21050238V.
NIF: 76577083D.
Acto notificado: acordo de inicio.