En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto refundido de abandono definitivo de labores e plan de restauración do coto Penedo dos Corvos, situado no termo municipal do Porriño, Pontevedra, denominado Proxecto de abandono definitivo de labores e Plan de restauración do coto Penedo dos Corvos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que crean oportuno, achegándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta (30) días hábiles, que comenzará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.
Pontevedra, 15 de xuño de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra