Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 15 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica dun ITC no apoio 9ULDN32S//23-1 da LMTA CBD803 Ribadumia 3 no Freixo prevista no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2023/301-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselle á persoa interesada a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica dun ITC no apoio 9ULDN32S//23-1 da LMTA CBD803 Ribadumia 3 no Freixo (expediente IN407A 2023/301-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 15 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expediente: IN407A 2023/301-4.

Denominación: instalación ITC no apoio 9ULDN32S//23-1 da LMTA CBD803 Ribadumia 3 no Freixo.

Concello: Ribadumia.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Veiga

Agrario

36046D50110084

Mónica Paz Otero

1

2,00