Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40538

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do Servizo Económico-Financeiro.

Vista a proposta formulada polo xefe do Servizo de Administración e Persoal para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do Servizo Económico-Financeiro da institución Valedor do Pobo,

RESOLVO:

Ao abeiro do establecido no artigo 7.k) do Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo, aprobar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do Servizo Económico-Financeiro da institución Valedor do Pobo, conforme as seguintes

Bases:

Primeira. Apróbase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do Servizo Económico-Financeiro que figura na vixente relación de postos de traballo (BOPG nº 596, do 24 de xaneiro de 2020).

As características do posto son as seguintes:

1. Grupo de titulación: A1.

2. Nivel de complemento de destino: 28.

3. Administración: pertenza como persoal funcionario/a de carreira A1.

4. Titulación: licenciatura/grao en Dereito.

5. Funcións que se van desenvolver: coordinación coa Intervención do Parlamento de Galicia para efectos da actividade económico-financeira da institución, confección do orzamento anual, impulso dos expedientes de contratación precisos para o adecuado funcionamento da institución, o mantemento da sede do Valedor e calquera outra función que lle asigne a persoa titular da institución.

6. Centro directivo: Valedor do Pobo.

Segunda. Poderá concorrer á convocatoria o persoal funcionario de carreira de calquera Administración pública, pertencente ao grupo A (A1).

Terceira. O persoal funcionario interesado poderá presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Valedor do Pobo, na rúa do Hórreo, nº 65, en Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares indicados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, na cal deixará constancia dos datos do posto que veña desempeñando e dos méritos que desexe alegar.

Para participar nesta convocatoria, a persoa interesada deberá formalizar a súa petición de acordo co modelo que se inclúe no anexo desta resolución.

As persoas aspirantes deberán achegar coa súa solicitude un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos alegados.

Os méritos alegados e non probados de acordo co establecido no parágrafo anterior non se terán en conta.

Cuarta. De conformidade co disposto no artigo 7.l) do Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo, correspóndelle á valedora do pobo a resolución desta convocatoria.

Quinta. A resolución da convocatoria, coa adxudicación do posto a calquera das persoas funcionarias de carreira solicitantes que reúnan os requisitos exixidos para o seu desempeño, ou a súa declaración como deserta, por considerar que ningunha das persoas candidatas reúne as características adecuadas para o posto de traballo ou non reúne a idoneidade necesaria para o seu desempeño, ou se non se presentase ningunha solicitude, farase pública no Diario Oficial de Galicia.

Sexta. O prazo de toma de posesión da persoa seleccionada será de tres (3) días hábiles, de estar o destino anterior na mesma localidade, de sete (7) días se comporta cambio de residencia, ou de vinte (20) días se comporta o reingreso no servizo activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ao do cesamento nese destino, se é o caso, que se deberá producir dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da libre designación.

Se a resolución comporta o reingreso no servizo activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación.

Sétima. Contra a resolución pola que se aproba esta convocatoria, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición, ante a valedora do pobo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023

Dolores Fernández Galiño
Valedora do pobo

missing image file