Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 31 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS626F (expediente 15031004220R e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións dos recursos de alzada ditadas nos procedementos, no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer para ter coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente advertíndolle que, de non facelo, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, núm. 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 31 de maio de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Núm. de expediente

DNI/NIE/ID

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

15031004220R

34889053P

Desestimación

24.4.2023

15028000322R

Y9631939J

Estimación parcial

2.5.2023