Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS626F (expediente 15069000221R e dezaoito máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, se terá por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, núm. 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 30 de maio de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Núm. de expediente

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

15069000221R

X5835128M

Extinción

1.3.2023

15005004720R

Y7641373M

Extinción

10.3.2023

15030063418R

Y0762594C

Extinción

6.3.2023

15030079418R

09356016F

Extinción

6.3.2023

15036004418R

44287924K

Renovación

1.3.2023

15036009019R

Y2184799C

Extinción

6.3.2023

15030127613R

46919570F

Extinción

27.3.2023

15078009420R

78792860N

Extinción

27.3.2023

15030004919R

Y6337690P

Extinción

5.4.2023

15030074718R

58022345S

Suspensión

21.4.2023

15005005520R

47374050F

Suspensión

21.4.2023

15005008721R

41638717T

Suspensión

5.5.2023

15030040121R

32769739Y

Extinción

10.5.2023

15017003020R

Y5085936Y

Extinción

3.5.2023

15030026121R

48118570V

Suspensión

26.1.2023

15030024219R

42831627S

Extinción

3.5.2023

15036004921R

32725620R

Extinción

5.5.2023

15030072318R

44473470A

Suspensión

5.5.2023

15030041419R

Y6620939N

Extinción

3.5.2023