Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40521

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria establecida na Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A).

A Resolución do 30 de decembro de 2022 (publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de febreiro de 2023), estableceu as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convocounas para o exercicio orzamentario 2023.

No seu artigo 26 (financiamento das axudas), detállase no seu punto 1 a aplicación orzamentaria destinada a financiar as subvencións da convocatoria, así como o importe económico previsto. No punto 3 deste artigo indícase que os importes establecidos na citada Resolución do 30 de decembro poderanse incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A ampliación de crédito e a existencia de remanentes non dispostos procedentes de non execucións ou perdas de dereito de convocatorias anteriores permite a ampliación dos fondos inicialmente previstos, que é necesaria á vista das solicitudes presentadas.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar as subvencións que se establecen na Resolución do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A) co seguinte importe:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Importe (€)

14.A2.713D.781.0

2016.00194

1.418.130

Conforme iso, a dotación orzamentaria para financiar as axudas desta convocatoria é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Importe (€)

14.A2.713D.781.0

2016.00194

2.446.736

Artigo 2. Prazo de solicitude

As modificacións introducidas con esta resolución non afectan o prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 30 de decembro de 2022 citada.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Por ausencia (artigo 19.bis dos estatutos da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, aprobados mediante o Decreto 52/2018, do 5 de abril)
Manuel Castro Gil
Xerente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria