Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se publica a parte dispositiva da Sentenza 269/2020, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico de Sasdónigas fase II.

No Diario Oficial de Galicia núm. 24, do 4 de febreiro de 2019, mediante a Resolución do 3 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 20 de decembro de 2018, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Sasdónigas fase II como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto (expediente LU-11/125- EOL).

En cumprimento do Auto do 5 de abril de 2023, da Sección 3 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procedemento EJD execución definitiva 7027/2023, relativo ao procedemento ordinario 7135/2019, reprodúcese a seguir a parte dispositiva da Sentenza núm. 269/2020, do 17 de novembro de 2020, que ten o carácter de firme:

«Que se estima o recurso contencioso-administrativo núm. 7135/2019, interposto pola representación procesual de Ramón Maseda Otero e outras 9 máis, contra a Resolución do 3 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de novembro de 2018, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Sasdónigas fase II como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 24, páx. 7240 e ss, o luns 4 de febreiro de 2019, e declaro a nulidade da resolución impugnada, con imposición de custas conforme o F.X. 8º desta resolución xurisdicional».

O que se publica para o xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais