Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 12 de xuño de 2023 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes do programa de préstamos cualificados para rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos actos indicado deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, con enderezo en Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o citado prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

PVR-0078/2022

36036619N

Requirimento de emenda da solicitude de axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas.

PVR-0139/2022

35453563Y

Resolución de desistencia da solicitude de axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas.