Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de maio de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Astilleros Garrido, S.L. de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do Grove en superficie para o desenvolvemento da actividade de varada e reparación de embarcacións (expediente 13-08-23-B1).

Astilleros Garrido, S.L. solicita concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do Grove en superficie para o desenvolvemento da actividade de varada e reparación de embarcacións.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de maio de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia