Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 12 de xuño de 2023 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no procedemento administrativo sancionador co número de referencia 13-27-22-95.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Eduardo José Cardona Alonso, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 25 de abril de 2023 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 13 de marzo de 2023 recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 13-27-22-95.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A citada resolución, que esgota a vía administrativa, é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia situados no polígono das Fontiñas, praza de Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela.

O importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o pagamento no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe
da sanción

Sanc. 13-27-22-95

M-6630-LK

PAFIF

Eduardo José Cardona Alonso

Estacionamento prohibido.

5.8.2022

18.35 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €