Mediante a Orde do 25 de abril de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería do 25 de abril de 2023 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será dun mes.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita data.
O cómputo dos prazos iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, de seguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.
As dilixencias de cesamento e toma de posesión efectuadas serán tramitadas a través do sistema electrónico que xestiona o Rexistro Único de Persoal e de Postos de Traballo.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2023
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública
ANEXO
Datos do/da funcionario/a:
Nome e apelidos: Diana García Sánchez.
Número de rexistro de persoal: **** 917724 A205F.
Corpo ou escala: corpo de xestión (escala técnica de Finanzas).
Subgrupo: A2.
Datos do posto de traballo:
Denominación: Servizo do Equipo de Auditoría do Sector Público.
Código do posto: FC.C03.00.003.15770.014.
Nivel: 28.
Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
Localidade: Santiago de Compostela.