Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o anteproxecto da Lei do clima de Galicia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, e para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao estableceren ou tramitaren os procedementos que resulten de aplicación, velarán para que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Unha vez iniciada a tramitación do anteproxecto da Lei do clima de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter á información pública, por un prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o anteproxecto da Lei do clima de Galicia.

Segundo. Durante o citado prazo poderase consultar o texto do anteproxecto de lei no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: reximexuridico.cmatv@xunta.gal

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

María Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda