De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, formulado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 9 de xuño de 2023, do proxecto de ampliación das instalacións de acuicultura no polígono industrial de Cuíña, no concello de Cervo (Lugo), promovido por Acuidoro, S.L.U.
A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático