Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Vilar de Pousada, número de elenco 2717589, do concello de Baleira (expediente 21/2022).

O 6 de marzo de 2002 asinouse o convenio de Vilar de Pousada, 2717589, subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e Francisco Méndez Fernández e Carlos González Pestana, en virtude do poder notarial outorgado en Castroverde o 5 de xullo de 2001. A superficie conveniada foi de 165 hectáresas.

No poder notarial figuran como apoderados Francisco Méndez Fernández e Carlos González Pestana e como poderdantes Carmen Nogueira Corbeira, Jesús Pereira González, Manuel Prieto Barrio, Manuel Antonio López Fernández, Antonio Méndez Nogueira, Mª Isabel Neira Dorado, Elita Gegúndez Fernández, Mª Manuela Pérez Escobar, Manuel Núñez Escobar, Jesús Fernández Neira, Ginés Méndez Fernández, Simplicia Fernández González, Antonio Corbeira Ferreiro, Julia Corbeira Ferreiro, Ana Pestana Novo, Mª Teresa Nogueira Carballedo, Josefa Pin López e Ramón Corbeira García.

No expediente do convenio figuran os estatutos da comunidade de bens Monte Vilar de Pousada, C.B. composta por 43 socios. No artigo oitavo indícase que a comunidade será rexida e administrada por Francisco Méndez Fernández, que actuará de forma solidaria, e facúltao para intervir na dita comunidade, en todos os trámites administrativos que sexan necesarios para a súa legalización, así como para representar posteriormente á comunidade Monte Vilar de Pousada, C.B. nas súas operacións con terceiros no desenvolvemento da súa actividade.

O 19 de febreiro de 2018 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito de Manuel Núñez Escobar e Mª Manuela Pérez Escobar en que, en calidade de adxudicatarios de parcelas do acordo de concentración parcelaria, solicitan a extinción do convenio de Vilar de Pousada, número de elenco 2717589.

O 9 de xaneiro de 2019 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito de Francisco Méndez Fernández no que achega a conformidade coa extinción do convenio de Vilar de Pousada, número de elenco 2717589, asinada por Mª Manuela Pérez Escobar, Manuel Núñez Escobar, Manuel Prieto Barrio, Carlos González Pestana, Francisco Méndez Fernández, Simplicia Fernández González, Jesús Fernández Neira, Manuel Antonio López Fernández, Julia Corbeira Ferreiro, herdeiros de Josefa Pin López, Ramón Corbeira García, Jesús Pereira González, Ginés Méndez Fernández, Antonio Méndez Nogueira, Ana Pestana Novo, Carmen Nogueira Corbeira, herdeira de Isabel Neira Dorado e Manuel Fernández Carballedo.

O 10 de febreiro de 2022 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito de César Acevedo Cadavid, en que manifesta que actúa en representación de Francisco Méndez Fernández, e achega un novo escrito de Francisco Méndez Fernández e Carlos González Pestana no cal solicitan a extinción do convenio de Vilar de Pousada, número de elenco 2717589.

O 3 de outubro de 2022, o Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo emite un informe en relación coa concentración parcelaria de Pousada (Baleira) no ámbito do convenio de Vilar de Pousada, 2717589, en que indica que o acordo foi declarado firme o 13 de novembro de 2018.

O 29 de decembro de 2022 a técnica do distrito VII A Fonsagrada-Os Ancares emite un informe sobre o estado forestal do ámbito deste convenio.

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o 26 de marzo de 2023 o xefe do Servizo de Montes de Lugo certifica que o convenio de Vilar de Pousada, con número de elenco 2717589, non presenta saldo debedor.

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, derrogou a disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e regulou na disposición transitoria cuarta (modificada no seu número 1 polo artigo 17 da Lei 18/2021, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas), a cancelación e finalización dos consorcios e convenios de repoboación forestal existentes no momento da súa entrada en vigor:

«Disposición transitoria cuarta. Montes con consorcios ou convenios coa Administración

1. Os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de:

a) Cancelación de oficio nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, nos casos seguintes:

– Montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor desta lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

(...)

b) Finalización nun prazo que terminará o 31 de decembro de 2023, momento en que deberá asinarse un contrato temporal de xestión pública que substitúa o consorcio ou o convenio finalizado.

(...)

7. Entenderanse extinguidos, sen máis trámite, os convenios e consorcios existentes en superficies que conten cun acordo de concentración parcelaria firme. No caso de que na protocolización da acta de reorganización da propiedade ou na inscrición dos títulos de concentración no rexistro da propiedade conste expresamente que os predios se atopan libres de cargas, o saldo debedor do convenio ou consorcio coa Comunidade Autónoma considerarase liquidado».

Por todo o anterior, vaise propoñer á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a extinción total do convenio de Vilar de Pousada, 2717589.

De acordo co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sométese a información pública o expediente de extinción do convenio de Vilar de Pousada, número de elenco 2717589, do concello de Baleira (Lugo). O acto adoptouno a xefa territorial.

Durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación deste expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios).

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 8 de xuño de 2023

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo