Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de xuño de 2023, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra coa clave PO/22/143.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido, asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas, PO-546, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 12 de xullo de 2023.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizado, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 8 de xuño de 2023

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

3

7357018NG2975N0001XZ

Pereira Vilariño, Benigno

12.7.2023

10.30