Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 8 de xuño de 2023, da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición presentado contra a factura 202105944, emitida polos servizos sanitarios prestados.

Mediante esta cédula e debido a que intentada a notificación da resolución do recurso de reposición a Juan Carlos Peña López, este non puido ser atopado no enderezo facilitado polo interesado, comunícase:

Resolución de recurso de reposición por servizos de asistencia sanitaria prestados:

Referencia: 202105944.

Antecedentes:

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras emitiu o 28 de outubro de 2021 a factura 202105944, por servicios sanitarios prestados neste centro.

O interesado presentou recurso de reposición do 18 de novembro de 2021.

Daquela,

RESOLVO:

Estimar o recurso de reposición presentado e proceder á anulación da factura 202105944 a nome do recorrente.

Contra esta resolución poderase interpoñer reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda, de acordo co disposto nos artigos 49 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e 226 e 227 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Esta reclamación interporase no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da presente notificación e dirixirase ao órgano administrativo que ditou o acto. A resolución da reclamación porá fin á vía administrativa.

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 8 de xuño de 2023

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras