Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2022/214-1).

Expediente: IN407A 2022/214-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: modificado 1. Reforma CT Mosteirón-Vista Alegre 15C500.

Concello: Sada.

Feitos:

1. O día 1 de marzo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, coa finalidade de telecontrolar o CT 15C500 da LMTA SAD713.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado modificado 1. Reforma CT Mosteirón-Vista Alegre 15C500, asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 1534 de Galicia, o 10 de febreiro de 2023, con declaración responsable do 10 de febreiro de 2023.

– Anexo 1 do modificado 1. Reforma CT Mosteirón-Vista Alegre 15C500, asinado polo dito enxeñeiro o 11 de maio de 2023, con declaración responsable do 11 de maio de 2023.

2. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, esta instalación está exenta do trámite de información pública.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Concello de Sada, Deputación Provincial da Coruña, Servizo de Patrimonio Cultural e AESA. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. O 22 de maio de 2023 foi emitido o preceptivo o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

3. As instalacións atópanse no lugar de Machado, concello de Sada, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Proxéctase a demolición da caseta de obra do CT Mosteirón-Vista Alegre (expediente 26.517) e o desmonte de todos os elementos existentes no interior desta.

– Novo centro de transformación prefabricado de tipo 3L1P con transformador de 100 kVA/15 kV, que substituirá o CT existente en caseta de obra civil.

– Novo tramo de liña de media tensión subterránea en condutor RZHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), que terá o seu inicio nos empalmes que se realicen na LMTS SAD713 existente (punto A do plano de manobras eléctricas proxectadas MT) e finalizará nos empalmes que se realicen na LMTS SAD713 existente (punto C do plano de manobras eléctricas proxectadas MT), tras facer entrada/saída no CT proxectado. A lonxitude total da LMTS proxectada é de 10 metros.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña