Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39228

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público 2023.

A Xunta de Goberno Local, mediante o Acordo do 26 de maio de 2023, aprobou a oferta de emprego público ordinaria deste concello para o ano 2023 (OEP 2023), que contén a seguinte praza:

– Funcionario/a pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios, auxiliar de biblioteca. Prazas: 1. Sistema de provisión: concurso-oposición.

O que se fai público para xeral coñecemento, de acordo co establecido no artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Cenlle, 31 de maio de 2023

Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa