Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de xuño de 2023 polo que se modifica o Acordo do 25 de abril de 2023, da zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 16 para usuarios e a nave vella de redes, no dominio público portuario de Lorbé.

Advertido erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 91, do 12 de maio de 2023, cómpre efectuar a seguinte corrección na páxina 29889:

Onde di: «Ao quedar dispoñible no porto de Lorbé o departamento número 16 para usuarios e a nave vella de redes, no dominio público portuario de Corme», debe dicir: «Ao quedar dispoñible no porto de Lorbé o departamento número 16 para usuarios e a nave C de redes, no dominio público portuario de Lorbé».

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes en vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude; segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, en todo caso deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo establecido, e que, en caso contrario, non será admitida, debendo emendar a súa presentación tomando como data de presentación a da emenda, co risco, no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos, de que perdan o dereito ao trámite ou mesmo o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento de que se trate.

A Coruña, 7 de xuño de 2023

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro