Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39094

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2023 pola que se realiza unha redistribución entre créditos orzamentarios para a concesión das axudas recollidas na Orde do 12 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT215A).

Mediante a Orde do 12 de xaneiro de 2023, que foi publicada no DOG núm. 23, do 3 de febreiro, establecíanse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023.

O artigo 4 da dita orde establece que as subvencións reguladas nesta orde se concederán con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023: 10.04.432B.481.2, por un importe inicial máximo de 30.000 €, para os solicitantes dentro do grupo de institucións sen fin de lucro, e 10.04.432B.460.0, por un importe inicial máximo de 20.000 €, para o grupo de solicitantes de entidades locais.

O artigo 15.5 das bases reguladoras dispón que, no caso de que algún dos dous grupos de entidades beneficiarias non esgote o seu orzamento, ben polo número de solicitudes ou pola puntuación obtida, poderase incorporar o importe sobrante dun grupo de entidades beneficiarias ao outro grupo.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez rematado o prazo de solicitudes concedéronse as axudas segundo a diferente natureza xurídica das entidades solicitantes por cada unha das partidas orzamentarias e quedou saldo na aplicación orzamentaria 10.04.432B.460.0, en función da puntuación obtida.

Con este fin, mediante a presente resolución publícase a distribución de créditos entre distintas aplicacións orzamentarias, co fin de atender o máximo de solicitudes posibles.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais, minorando a aplicación 10.04.432B.460.0 por importe total de 5.000 €, contía que se incrementa na aplicación 10.04.432B.481.2 polo mesmo importe.

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun novo prazo para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades