Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39044

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 8 de xuño de 2023 pola que se autoriza a segregación do centro privado plurilingüe Las Acacias-Montecastelo, de Vigo.

Mediante a Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 5 de febreiro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro, autorízase a apertura e funcionamento do centro privado (CPR) pluriligüe Las Acacias-Montecastelo, de Vigo, como resultado da fusión do CPR Las Acacias e CPR Montecastelo da mesma localidade.

A representación da titularidade do devandito CPR solicita a súa segregación en tres centros independentes: o CPR Plurilingüe Las Acacias, o CPR Plurilingüe Montecastelo e o CPR FP Montecastelo.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización da segregación

Autorizar a segregación do CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo, de Vigo en tres novos centros independentes, cuxa configuración se detalla nos seguintes puntos:

1.1. Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Las Acacias.

Código: 36011831.

Domicilio: rúa Parrocha, núm. 26.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Composición resultante:

Educación infantil: 6 unidades.

Educación primaria: 12 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

1.2. Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Montecastelo.

Código: 36011191.

Domicilio: rúa Doutor Paz Pardo, 84.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 4 unidades, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

1.3. Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: FP Montecastelo.

Código: 36025165.

Domicilio: rúa Doutor Paz Pardo, 84.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Composición resultante:

Formación profesional.

a) Modalidade presencial, réxime ordinario:

CM Guía no medio natural e de tempo libre (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

CM Instalacións eléctricas e automáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

CS Acondicionamento físico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

CS Automatización e robótica industrial (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

CS Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

CS Ensinanza e animación sociodeportiva (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Curso de especialización en ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (1 unidade para 20 alumnos/as).

Curso de especialización en ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación (1 unidade para 20 alumnos/as).

Curso de especialización en dixitalización do mantemento industrial (1 unidade para 20 alumnos/as).

b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia, réxime para persoas adultas:

CM Sistemas microinformáticos e redes.

CM Instalacións eléctricas e automáticas.

CS Automatización e robótica industrial.

CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

CS Desenvolvemento de aplicacións web.

Artigo 2. Extinción da autorización

Extinguir a autorización por cesamento nas súas actividades docentes do CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo, código 36025037, con efectos da data de finalización do curso 2022/23, o 31 de agosto de 2023.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

Os novos centros quedan obrigados a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión da súa autorización cando se deba modificar calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Efectos

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades