Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2023/028-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 16.12.2022 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: reforma treitos LMTS VLL803 e VLL808.

Situación: A Loña, r/ Sáenz Díez e r/ Curros Enríquez, concello de Ourense.

Orzamento: 76.498,24 €.

Características técnicas:

– Actuación 1 no tramo 1: reforma da LMTS existente VLL803, coa substitución do condutor existente, do tipo RHV, por novo condutor proxectado do tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), con inicio nos empalmes que se realicen no condutor existente procedente da subestación de Velle e final nos empalmes que se realicen no condutor existente conforme os planos que figuran no proxecto, cunha lonxitude total do condutor que se instale de 730 m.

– Actuación 2 no tramo 1: reforma da LMTS existente VLL803, coa substitución do condutor existente, do tipo RHV, por novo condutor proxectado do tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), con inicio nos empalmes que se realicen no condutor existente procedente da subestación de Velle e final na cela para liberar núm. 1 do CT 32S771 existente, conforme os planos que figuran no proxecto, cunha lonxitude total do condutor que se instale de 423 m.

– Actuación 1 no tramo 2: reforma da LMTS existente VLL808, coa substitución do condutor existente, do tipo PPV e RHV, por novo condutor proxectado do tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), con inicio nos empalmes que se realicen no condutor existente RHZ1-240 procedente do CT 32CAW0 e final na cela para liberar núm. 1 do CT 32S768 existente, conforme os planos que figuran no proxecto, cunha lonxitude total do condutor que se instale de 36 m.

– Actuación 2 no tramo 2: reforma da LMTS existente VLL808, coa substitución do condutor existente, do tipo PPV e RHV, por novo condutor proxectado do tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), con inicio nos empalmes que se realicen no condutor existente RHZ1-240 procedente do CT 32SAI8 e final nos empalmes que se realicen no condutor existente RHZ1-240 procedente do CT32SAI8, conforme os planos que figuran no proxecto, cunha lonxitude total do condutor que se instale de 104 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 23 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense