Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2023/50-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselle á persoa interesada a declaración de utilidade pública do proxecto Substitución e P.E.S. de interruptor telecontrolado en Sarria (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Ademais, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/sarria

Lugo, 6 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de substitución e P.E.S. de interruptor telecontrolado en Sarria (Lugo)

Concello: Sarria (Lugo).

Expediente: IN407A 2023-50-2.

Declaración de utilidade pública.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup (m2)

1

15

545

Cruce Pozo

Monte baixo

Descoñecido

BXPEJ1MA//39B-3

2