Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 39004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de xuño de 2023 polo que se fan públicos os premios concedidos ao abeiro da Resolución do 16 de decembro de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da entidade pública empresarial Augas de Galicia, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios Innovaugas 2022 para os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2022/23 (código de procedemento AU302A).

O 28 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 16 de decembro de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da entidade pública empresarial Augas de Galicia, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios Innovaugas 2022 para os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2022/23 (código de procedemento AU302A).

O 1 de xuño de 2023, a Dirección de Augas de Galicia, en exercicio da delegación prevista na convocatoria, ditou a resolución de concesión dos premios.

Segundo o recollido na dita Resolución do 16 de decembro de 2022, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación dos premios concedidos.

As subvencións fináncianse con cargo á conta financeira 6568 (subvencións a institucións sen fin de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia. Os premios son cofinanciados nun 80 % do gasto elixible pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020, e enmárcanse no obxectivo temático 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; prioridade de investimento 1.b) «Fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes»; obxectivo específico 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora»; actuación 1.2.1.4 «Liña de fomento da innovación desde a demanda (FID) e da compra pública innovadora (CPI)» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO).

De conformidade co previsto no artigo 16 da Resolución do 16 de decembro de 2022, xa citada, faise pública a relación das entidades beneficiarias e o importe dos premios concedidos, que se incorpora como anexo.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de premios concedidos ao abeiro da Resolución do 16 de decembro
de 2022 (código de procedemento AU302A)

Centro educativo

Provincia

NIF

Importe premio

Colegio Rial Mouzo, S.L. (Cee)

A Coruña

B15956451

3.000,00 €

CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove)

Lugo

Q2768019H

3.000,00 €

Fundación Vedruna Educación, Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús (Ourense)

Ourense

G87804688

3.000,00 €

Colegio Estudio, S.L. (Nigrán)

Pontevedra

B36613537

3.000,00 €