Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 39002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0230/2023-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0230/2023-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 7 de xuño de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0230/2023-PPM

44085001G

Inicio

Saíñas, 3, Poio

PSC-PO-0233/2023-PPM

53185329Z

Inicio

Conde de Torrecedeira, 91, 2º B, Vigo

PSC-PO-0237/2023-PPM

35473783D

Inicio

Rúa Estorniño, 3, 3º A, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0283/2023-PPM

35569778W

Inicio

Aloques, 1, ático A, O Porriño

PSC-PO-0286/2023-PRE

36163657K

Inicio

Moaña, 10, 1º esq., Vigo

PSC-PO-0323/2023-PPM

53187224T

Inicio

Camiño do Xestal, 2, Redondela

PSC-PO-0328/2023-PRE

53817900Q

Inicio

Avenida Val Miñor, 15, 1º A, Nigrán

PSC-PO-0339/2023-PRE

X6200733W

Inicio

Dr. Germán Adrio Sobrido, 4, 1º A, Pontevedra