Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20220103AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 30 de setembro de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20220103AE-OU, incoado ao titular do DNI 34964929F e enderezo na rúa Bispo Blanco Nájera, número 9, 1º esq., 32005 Ourense.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 34964929F o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, e poderán realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 7 de xuño de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 20220103AE-OU.

DNI/NIF/CIF: 34964929F.

Último enderezo coñecido: rúa Bispo Blanco Nájera, número 8, 1º esq., 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infringidos: Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde Galicia.

Artigo 42.bis.e) A falta de cumprimento voluntario da obriga de corentena indicada ou prescrita polas autoridades sanitarias, os profesionais sanitarios ou as profesionais sanitarias, o persoal encargado do rastrexo e seguimento de contactos ou calquera outro axente de saúde pública que teña encomendadas estas funcións cando non sexa constitutivo de infracción moi grave.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: tres mil un euros (3.001 €).