Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 7 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 73958 e oito máis).

Tentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidas da súa petición.

Vigo, 7 de xuño de 2023

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data requirimento

73958

120505941

20.3.2023

74381

116978771

27.2.2023

74693

119221361

9.3.2023

75252

118647209

13.3.2023

75341

Z0198236G (6010128460040)

16.3.2023

75537

D412665

17.3.2023

76303

122314985

4.4.2023

76486

122491883

12.4.2023

76975

AT069295

17.4.2023