Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2023/026-4).

Expediente: IN407A 2023/026-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS ATI712, substitución apoio A4EDCA4M//D1-74 e ITC.

Concello: Mos.

Feitos:

Primeiro. O 25 de xaneiro de 2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS ATI712, substitución apoio A4EDCA4M//D1-74 e ITC.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na reforma de parte da ATI712 no tramo ATI7120654, mediante as seguintes actuacións previstas no lugar de Santa Marta, no concello de Mos (Pontevedra):

Substitución do apoio de formigón A4EDCA4M//D1-74 por uno de tipo celosía C-2000/16.

Retirada do XS 36HHD8 do apoio A4EDCA4M//D1-74, que será substituído, e instalación dun ITC no apoio proxectado.

Substitución de 79 metros de liña de media tensión aérea en condutor LA-80 por unha nova liña en condutor LA-110 entre o apoio existente A4DWDF19//D1-73 e o apoio proxectado.

Déixase sen servizo un tramo de 14 metros da liña de media tensión subterránea existente en condutor RHZ1, desde a arqueta existente ata o apoio que será substituído.

Instalación dunha nova liña de media tensión subterránea de 21 metros entre o apoio proxectado e final na LMTS ATI7120737.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Mos, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Servizo do Patrimonio Cultural de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Os demais organismos afectados non emitiron os condicionados técnicos, polo que se entende, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-110, de 79 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A4DWDF19//D1-73 da LMT ATI7120654 e final no apoio proxectado C-2000/16, en substitución do A4EDCA4M//D1-74, no cal se instala un interruptor telecontrolado.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 21 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 e final na LMTS ATI7120737, na arqueta situada no camiño do Atallo, no polígono 45, parcela 100.

A instalación está situada en Santa Marta, no municipio de Mos (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS ATI712, substitución apoio A4EDCA4M//D1-74 e ITC, expediente IN407A 2023/026-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 29 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra