Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2023/025-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 26.12.2022 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domiocilio: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS BBA805 anelado CT 32C722 e LMTS BBA805 anelado CTS 32SHP8, 32SHQ0 e 32CHL3.

Situación: lugar de Cabeza de Vaca e Paseo dos Amieiros, concello de Barbadás.

Orzamento: 111.587,44 €.

Características técnicas:

– Reforma do CT 32C722 Cabeza de Vaca existente, coa substitución das celas 1L1P existentes por novas celas 2L+1P TC proxectadas, compactas en illamento en SF6.

– Treito 1. LMTS proxectada, de 567 m, a 20 kV, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, dobre circuíto (DC), con entrada e saída no CT existente 32C722, con orixe na cela de liña núm. 1 do CT 32CW70 Cabeza de Vaca II existente e final nos empalmes proxectados para realizar na LMTS BBA805 existente, logo de realizar entrada e saída no CT 32C722 Cabeza de Vaca reformado.

– Treito 2. LMTS proxectada, de 371 m, a 20 kV, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, con orixe na cela de liña núm. 5 do CT existente 32CHL3 N4 urbanización Aira do Fonsillón e final nos empalmes proxectados para realizar na LMTS BBA805 existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 23 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense