Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 2 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores por infracción na orde social 2022/124 e 2022/125.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada nos expedientes sancionadores por infracción na orde social porque, intentada a notificación por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor un recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A persoa interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, no caso contrario, se realizará a execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 2022/124 (acta: I272022000034323).

Data da resolución: 23 de marzo de 2023.

Empresa: Supermarket Project Development, S.L.

Enderezo: calle Bustamante, 2, 28045 Madrid.

Expediente: 2022/125 (acta: I272022000034525).

Data da resolución: 23 de marzo de 2023.

Empresa: Supermarket Project Development, S.L.

Enderezo: calle Bustamante, 2, 28045 Madrid.

Lugo, 2 de xuño de 2023

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo