Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 6 de xuño de 2023 polo que se dá publicidade da resolución do expediente de caducidade da concesión administrativa con destino á construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Combarro, Poio.

Por medio do presente anuncio, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, faise público que mediante a Resolución da Presidencia de Portos de Galicia, emitida o día 16 de maio de 2023, se decretou a caducidade da concesión administrativa outorgada a Combarromar, S.A., con CIF A36462547, pola Resolución do 15 de decembro de 2006 con destino á construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Combarro, Poio (Pontevedra).

A resolución emitiuna a Presidencia de Portos de Galicia con base nas competencias que lle confire a ese órgano o artigo 12.3.j) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, pola concorrencia das causas imperativas de caducidade previstas na condición xeral 48ª, letras b) e m) do título da concesión, unha vez que o Consello Consultivo de Galicia, en resolución emitida no expediente número CCG 135/2023, apreciou a falta de competencia dese órgano para ditaminar, ao non terse producido oposición por parte do concesionario.

Efectúase o presente anuncio por motivos de seguridade xurídica, considerando que a resolución ditada no expediente, que esgota a vía administrativa e é executiva, determina a cesación de efectos da concesión administrativa, sen prexuízo dos recursos que o concesionario poida interpor contra a resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia