Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración en expediente de expropiación no concello de Esgos (expediente IN407A 2022/75-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar... », mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA VLL813 entre os apoios 118-13-5-1 e 118-13-5-4, no concello de Esgos, correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo.

Ourense, 31 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/75-3.

Instalación: regulamentación LMTA VLL813 entre os apoios 118-13-5-1 e 118-13-5-4.

Concello: Esgos.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

2

Valados

32032A017003500000JI

María del Pilar Álvarez

Notificación infrutuosa

18.5.2023