Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador e cartas de pagamento en materia de industria (expediente IN635C SANC-IND OU 2022/07-3).

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU), para examinaren estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez, 1-4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU).

Ourense, 31 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

CIF da entidade

Acto adoptado

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2022/07-3

Resolución e cartas de pagamento

34909485Q

Pola xefa territorial

19 de maio de 2023