Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2023/046-1).

Expediente: IN407A 2023/046-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT novo barrio Dean.

Concello: Ribeira.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PMR-802 rexistrado no expediente IN407A 2016/2394-1, de 142,5 metros de lonxitude en condutor tipo LAC-28, comprendido entre os seus apoios núm. D24 (matrícula: 9I0MHC9T) metálico tipo celosía E30-CSI-Xugo CD(CAI) e núm. D24-2 (matrícula: 9HVG05Q7) de formigón tipo AG-AL-2 × 2B/14-BR1-CAIII, consistente en:

– Instalación dun novo apoio metálico tipo celosía FL-C-2000/16-H35-CA(CS)III, que se emprazará na parcela con referencia catastral 15074A006002600000KH de xeito intercalado entre os apoios núm. D24 e núm. D24-1 (matrícula: 9HX44CMF) de formigón tipo AL-S-2B/14-Lira-CSIII existentes. Neste novo apoio, instalaranse un paso aéreo-soterrado (PA/S) e un reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Desconexión e desmonte de 30,66 metros de condutor tipo LAC-28 no van comprendido entre os actuais apoios núm. D24 e núm. D24-1, que será substituído por novo condutor tipo LA-56.

– Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, telecontrolado e dotado de equipamento de telexestión e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas, que se instalará na parcela con referencia catastral 15074A006004240000KG sita no lugar de Dean Pequeno (termo municipal de Ribeira).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 640 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará no novo apoio metálico e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Retensado de 37,7 metros de condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no novo van que se formará entre o novo apoio metálico proxectado e o apoio núm. D24-1 existente.

– Retensado de 74,2 metros de condutor tipo LAC-28 (condutor existente) no van comprendido entre os apoios núm. D24-1 e núm. D24-2 existentes.

– Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Dean Pequeno (expediente IN407A 2016/1026-1/matrícula: 15AZ06), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), S1, de 40 metros de lonxitude, que rematará no acoplamento coa rede de baixa tensión existente que se realizará en paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-630/9 existente, e S2, de 196 metros de lonxitude, que se conectará coa rede de baixa tensión existente nos acoplamentos proxectados en apoios de formigón existentes.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 24 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT novo barrio Dean

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Ribeira

Parcela

proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de
enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15074A006002600000KH

Polígono 6, parcela 260

Refoxos

Novo apoio metálico (PA/S + ITC)

2

3

9

Rústico agrario

2

África Díaz Reina

Manuel Petrovich Zapata

Rafael Petrovich Zapata

15074A006004240000KG

Polígono 6, parcela 424

Dean Pequeno

CT e acceso

16,81

Urbano. Solo sen edificar