Expediente: IN407A 2023/124-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT e RBT Pasacondia II.
Concello: Malpica de Bergantiños.
1. Características técnicas:
– Modificación, mantendo o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15044A501005860001EL, do apoio nº 115-9 (matrícula: 9RVTH1QQ) metálico de celosía tipo A-AG-C-2000/16-H35-CA(CS)III pertencente á arquitectura da liña BRT-803 rexistrada no expediente IN407A 2016/2253-1, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.
– Instalación, proxectada na parcela con referencia catastral 5734705NH1953S0001QD sita no lugar de Pasacondia, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).
– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 648 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio nº 115-9 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.
– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Pasacondia I (expediente 27.401/matrícula: 15ACM8), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2×79 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio de formigón tipo HV-630/11 existente.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 24 de maio de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados.
Concello de Malpica de Bergantiños
LMT, CT e RBT Pasacondia II.
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza |
||
CT |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
2 |
Susana Garrido Lema |
5734705NH1953S0001QD |
Pasacondia |
CT |
14,97 |
Urbano. Solo sen edificar |