Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do Peprica, referido ao artigo 86 da normativa, ao plano O.2 da delimitación dos ámbitos de museización no subsolo e ás fichas 3.45.01-3.46.01-3.47.02 e 3.47.03 do catálogo do Peprica, referidas aos inmobles do conxunto do Museo provincial na praza da Leña e rúas Pasantería, Padre Sarmiento, Juan Novás Guillán, rúa Laranxo e rúa Padre Luis María Fernández. 2021/MODPEPRICA/000001.

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 22 de maio de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Primeiro. Prestar aprobación definitiva ao proxecto denominado Peprica-Pontevedra MP-05. Aprobación definitiva da modificación puntual do artigo 86 da normativa do plan O.2 delimitación dos ámbitos de municipalización no subsolo e das fichas 3.45.1-3.46.01-3.47.02 e 3.47.03 do conxunto do Museo provincial na praza da Leña e rúas Pasantería, Padre Sarmiento, Juan Novás Guillán, Laranxo e Padre Luis María Fernández, instrumento urbanístico redactado polo arquitecto Ramón Reboreda Martínez, asinado dixitalmente o 15 de maio de 2023 e informado pola arquitecta municipal da OTAP o 16 de maio de 2023 e conformado o 18 de maio de 2023, adaptado ás normas técnicas de Planeamento urbanístico de Galicia, que dá cumprimento ás consideracións contidas no informe previo á aprobación definitiva da directora xeral de Ordenación do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 2 de maio de 2023.

Segundo. Dispor a publicación do anuncio deste acordo no Diario Oficial de Galicia, por conta da Deputación Provincial de Pontevedra, con indicación expresa de que o contido íntegro do proxecto estará á disposición do público na sede electrónica do Concello de Pontevedra www.sede.pontevedra.gal, ao abeiro do disposto na Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Unha vez publicado o anuncio no DOG, o instrumento de planeamento que serve de base a este acordo será inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, por petición deste concello, para o que se remitirá un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado pola Secretaría do Pleno.

O documento que contén a normativa e as fichas modificadas por mor da aprobación definitiva desta modificación puntual, ademais de na sede electrónica, será obxecto de publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, unha vez recibido, de ser procedente, o certificado de inscrición no Rexistro do instrumento de planeamento, para lograr a eficacia e executividade do acordo, consonte o establecido nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e nos artigos 186.4. e 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, e nos artigos 70.2 e 65.2 da 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Terceiro. Notificar individualmente este acordo de aprobación definitiva a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados por esta modificación puntual ás cales xa se lles notificase a aprobación inicial, así como ao resto de persoas titulares de dereitos e intereses que se puidesen ver afectadas pola dita modificación, con ofrecemento do réxime de recursos procedentes (...)».

O que se fai público para a súa executividade e indícase que contra a aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Así mesmo, infórmase que nestas datas xa se atopa publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta no día de hoxe: https://www.pontevedra.gal/areas/urbanismo-e-territorio/planeamento-urbanistico/planeamento-de-desenvolvemento/) o contido íntegro do documento aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Pontevedra, en cumprimento do disposto na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Pontevedra, 1 de xuño de 2023

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde