De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e co artigo 26.1, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Que cese, por pase a outro destino, na súa condición de vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, catorce de xuño de dous mil vinte e tres
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente