Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 36899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Riós (expediente IN407A 2023/098-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA VLL813 no apoio número 137-A-1.

Situación: lugar de Mañoás, concello de Riós.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución do apoio existente da LMTA VII807 número 137-A-1, do tipo HV, por un novo apoio proxectado de celosía metálica, do tipo C-14/2000, no cal se instala un reconectador telecontrolado.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1.534 do COEIG, o 27.3.2023.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O anterior faise público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Poderase examinar toda a documentación nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez número 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 19 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2023/098-3.

Situación: lugar de Mañoás, concello de Riós.

Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA VLL813 no apoio número 137-A-1.

Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32072A191001000000MZ.

Lugar: Curixedo.

Cultivo: prado.

Titular: María Olga Álvarez Páez.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio número 137-A-1.