Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 36911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/42-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: instalación de interruptor TC no apoio número CPAFQ8OM//243 Cervantes (Lugo).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución do apoio existente de formigón número CPAFQ8OM//243 da LAMT 20 kV BCR807 Cervantes 7 por un novo apoio metálico tipo A-AL-C-2000-14, no cal se proxecta a instalación dun interruptor TC. Desmantelamento do interruptor TC instalado no apoio número CP9S2E4O//242 existente.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, nº 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e no seguinte enlace web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/cervantes5

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 23 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto de instalación de interruptor TC no apoio nº CPAFQ8OM//243 Cervantes (Lugo)

Concello: Cervantes.

Expediente: IN407A 2023-42-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m2)

1

74

166

Capudre

Monte baixo

Monte Comunal de Degrada

CPAFQ8OM//243

2