Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle no lugar de Fonte Alta, Bueu (expediente 2452/2022).

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 2.5.2023, adoptou o seguinte acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste das aliñacións no ámbito do solo de núcleo rural de Fonte Alta, do termo municipal de Bueu. Encóntranse dentro do ámbito as parcelas coas seguintes referencias catastrais: 36004A052005460001WI, 36004A052003650001WW, 36004A052003650000QQ, 36004A052003660001WA e 36004A052007220001WG.

«Aprobar a proposta do concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Infraestruturas Públicas, asinada o 17.4.2023, relativa á aprobación definitiva de estudo de detalle. Parcelas afectadas dentro do ámbito do instrumento: parcelas 365, 366, 546 e 722 do polígono 52 do núcleo rural de Fonte Alta, na parroquia de Cela, Bueu, nos seguintes termos:

1. Aprobar definitivamente o estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo de núcleo rural de Fonte Alta, na parroquia de Cela, promovido de oficio segundo a documentación presentada por Oficina de Planeamiento, S.A. (CIF A15030422), mediante escrito do 30.11.2022 (RE núm. 2022-E-RE-3890).

2. Levantar e deixar sen efecto a suspensión dos procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación, de construción de novas edificacións, substitución e rehabilitación integral das existentes, na área de solo de núcleo rural histórico-tradicional obxecto do estudo de detalle, acordada no acordo de aprobación inicial.

3. Notificarlle o presente acordo aos interesados, así como publicalo de conformidade co establecido nos artigos 82 da Lei 2/2016 e 199 do Decreto 143/2016. A inscrición do instrumento deberá realizarse no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 208 e seguintes do Decreto 143/2016, e co que dispoña para ese efecto a lexislación vixente en materia de réxime local. A solicitude de inscrición do instrumento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia levarase a cabo mediante o correspondente modelo normalizado establecido pola Orde do 10 de marzo de 2017, pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición, modificación e certificación de datos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, previstas no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia».

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 82 da Lei 2/2016 e 199 do Decreto 143/2016, consonte o disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

O anterior faise público en cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 199 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Para estes efectos, o documento Estudo de detalle en Fonte Alta, Cela, Bueu (Pontevedra) estará disponible na páxina web do Concello de Bueu (https://concellodebueu.gal/), así como no portal de transparencia da súa sede electrónica (bueu.sedeelectronica.gal).

Bueu, 22 de maio de 2023

Félix Juncal Novas
Alcalde