Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 36846

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2023.

Mediante a Orde do 9 de xaneiro de 2023 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 25, do 6 de febreiro), establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2023.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez emitida a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 2 de xuño de 2023, mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Apio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, do 2 de xuño de 2023, aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2023 ás entidades que se indican a continuación:

Premio aos valores cooperativos a Alén, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio ao mellor proxecto cooperativo novo a Enraizando, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio á traxectoria cooperativa a Ferrolana de Profesores de Autoescuela, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social