Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 36845

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2023/24.

Co obxecto de regular a continuidade, implantación e organización do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a convocatoria dirixida aos centros que desexen impartilo,

RESOLVO:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2023/24.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura no anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa