Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista consistente no desprazamento da tubaxe ac. DN-6” (MOP 16 bar) da rede RAA-I022.4 e a instalación de sistemas de mitigación de corrente no treito Rante-Seixalbo, localizada no concello de Ourense e promovida por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2023/1-0).

En cumprimento do disposto no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista que se describe:

Solicitante: Nedgia, S.A. (NIF A66560152).

Domicilio para os efectos de notificación: rúa Lisboa, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Infraestrutura gasista: proxéctase o desprazamento da rede existente de gas natural RAA-I022.4, propiedade de Nedgia, S.A., e a instalación do sistema de mitigación de corrente no treito Rante-Seixalbo, dentro do termo municipal de Ourense, para evitar o solapamento da dita rede coa obra proxectada por Adif da plataforma de integración urbana e acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense/túnel de Rante-conexión Seixalbo.

Situación: concello de Ourense.

Instalacións proxectadas:

– Desprazamento: 252 m de condución de aceiro DN 6”, en MOP 16 bar.

– Elementos auxiliares: 2 válvulas de seccionamiento DN 6”.

– Sistema de mitigación de corrente.

Documentación que se expón: proxecto da referida infraestrutura gasista, asinado o 8.3.2023 pola enxeñeira técnica industrial Alejandra Risco Barba (colexiada nº 25430 do Coitim).

O que se fai público para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas no prazo de vinte (20) días, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A documentación poderase examinar na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), na Xefatura Territorial de Ourense da dita consellería (rúa Curros Enríquez 1-4º, 32071 Ourense), e no portal de transparencia da dita consellería a través da seguinte ligazón: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais