Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de instalación de interruptor TC no apoio nº CPAFQ8OM//243 Cervantes (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.
Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).
O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/cervantes5
Lugo, 25 de maio de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de instalación de interruptor TC no apoio nº CPAFQ8OM//243 Cervantes (Lugo).
Concello: Cervantes.
Expediente: IN407A 2023-42-2.
Declaración de utilidade pública.
Predio |
Políg. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
Apoio nº |
Sup. (m2) |
1 |
74 |
166 |
Capudre |
Monte baixo |
Monte comunal de Degrada |
CPAFQ8OM//243 |
2 |