Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2023 Páx. 36429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/096-1).

Expediente: IN407A 2023/096-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: alimentación en MT para novo CT e conexión con RBT en Marantes.

Concello: Santiago de Compostela.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar o seu actual trazado, no treito da liña SIG-804, de 335,7 metros de lonxitude en condutor tipo Pigeon, comprendido entre os seus apoios núm. 12 (matrícula: ABO9NLQL) de formigón tipo S-AL-HV-1000/15-Bov-3xCS e núm. 14 (matrícula: ABKBPD8B) metálico de celosía tipo S-AL-C-Bov-3xCS/Der, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual situación na parcela con referencia catastral 15079A51500919, sita no lugar de Marantes, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 14, do apoio núm. 13 (matrícula: ABM7COQG) de formigón tipo S-AL-HV-1000/15-Bov-6xCA, polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-C-2000/16-H35-6xCA(CS) en que se proxecta a instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo Pigeon (condutor existente) no treito da liña SIG-804, de 805,2 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio núm. 9 (matrícula: ABVILPCN) de formigón tipo A-AL-HVH-1600/15-CR1-6xCA(CS) existente e o novo apoio núm. 13 proxectado.

– Retensado do condutor tipo Pigeon (condutor existente) no treito da liña SIG-804, de 805,3 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio núm. 13 proxectado e o apoio núm. 15 (matrícula: ABIJTWXD) metálico de celosía tipo S-AL-C-Bov-6xCA/Der-XS existente.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), proxectado na parcela con referencia catastral 15079A51500880, sita no lugar de Marantes.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 760 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 150 mm² Al), con orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no novo apoio núm. 13 proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT GC Sigüeiro (expedientes 17.929 e IN407A 2016/674-1/matrícula: 15AC10), que resultará parcialmente descargado, mediante a substitución dos actuais apoios núm. 89850601, núm. 89850602 e núm. 89850604, todos eles de formigón tipo HV-250/9, por novos apoios de formigón tipo HV-630/11, a instalación dun (1) novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 33 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 150 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado no novo apoio núm. 89850601 e a desmontaxe de 95 metros de condutor tipo RZ 0,6/1 kV 2 (1 × 25 mm2 Al) e de 45 metros de condutor tipo RZ 0,6/1 kV 3 (1 × 25/54,6 mm2 Al/Alm), que serán substituídos polo tendido de 140 metros de novo condutor tipo RZ 3 (1 × 150/80 mm2 Al/Alm).

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 23 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Alimentación en MT para novo CT e conexión con RBT en Marantes.

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Santiago de Compostela.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios)

LMT aérea - voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Mercedes Ramos Varela

15079A51500880

Polígono 515, parcela 880

Cavadas de Arriba

CT e acceso

29,98

Prados ou praderías